RELATO ORAL

O Teatro principal acolle a última fase do concurso "Tíralle da Lingua"

25/04/2006 O Teatro Principal acolle o xoves 27, ás 10.00, a última fase do concurso "Tíralle da Lingua", unha iniciativa na que participaron 2.000 rapaces de toda Galicia, que puideron aportar os seus relatos orais. Nesta última etapa presentaranse os relatos gañadores, correspondentes a 60 rapaces de 35 centros escolares. Este acto final foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, e por Belén Ambroa Roca, da directiva da Asociación Pedagóxica Galega, AS-PG.

Portas referiuse á importancia deste concurso para "potenciar a utilización do noso idioma na súa expresión oral" e salientou a alta participación no mesmo, que incluso levou a pechar o prazo de recepción de relatos antes de tempo.

Pola súa parte, Belén Ambroa lembrou que a fase previa do concurso consistira na formación do profesorado para traballar a oralidade e facela un vehículo normal de comunicación. Posteriormente, eses mestres seleccionaron os mellores relatos presentados polos alumnos dos diversos niveis educativos, dende primaria ata os últimos cursos de secundaria.

Este concurso de relato oral complementouse con sesións de dinamización lingüística e contacontos.

Compartir: