ECONOMÍA

Inscritas xa cen empresas na Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts!

08/06/2012 Cen empresas xa se inscribiron para participar na primeira Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, dentro do programa Santiago Investors Support da Concellería de Economía, que se celebrará o 19 de xuño.

A Xornada ten coma obxectivos fortalecer as empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións.

A organización das xornadas, que ten experiencia en máis de cen eventos destas características por toda España nos que teñen participado máis de 7.000 persoas, garante que cada participante poderse entrevistar cun mínimo de dez empresarios con intereses comúns para atopar novos clientes e provedores, novos socios e proxectos, mellorar a súa rede comercial ou atopar potenciais inversores.

A Xornada celebrarase o martes 19 de xuño pola mañá no Hotel AC Palacio del Carmen. A inscrición é gratuíta e pode tramitarse na páxina www.gettingcontacts.com. Nesta web hai que cubrir o formulario de inscrición do xeito máis preciso posible para que se podian fixar as entrevistas máis interesantes para cada un dos participantes.

Compartir: