CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello aforrará máis de 1.000 euros mensuais trasladando a actividade do local sociocultural de San Pedro ao CSC da Trisca

07/06/2012 A Xunta de Goberno aprobou, a proposta do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, a non renovación a partir de xullo do alugueiro do local sociocultural situado na rúa das Fraguas, no barrio de San Pedro, que viña sendo utilizado habitualmente pola Asociación de Veciños A Xuntanza. A actividade trasladarase ao Centro Sociocultural da Trisca, de titularidade municipal, aforrando deste xeito máis de 1.000 euros ao mes.

Este é o terceiro centro non que non se renova o aluguer e se traslada a actividade a un centro de titularidade municipal, tal como sucedera co local de Guadalupe (agora no CSC de Vite) e co da Almáciga, agora no local anexo ao CEIP Apóstolo Santiago. Deste xeito, indicou, "continúase coa política de aforro en alugueres naqueles casos onde se poidan substituír por locais municipais".

O traslado da actividade ao CSC da Trisca supón, a maiores do aforro, vantaxes para os propios veciños de San Pedro, xa que agora disporán dun centro sociocultural máis grande e mellor equipado, e só a cen metros do local actual. Ademais, o local das Fraguas non cumpría coa normativa en materia de evacuación contra incendios e de acceso para discapacitados.

Compartir: