CULTURA

The Last Internationale debuta en Galicia dentro do Compostela Rock

05/06/2012 The Last Internationale, power trio con base en New York City que esta conquistando notoriedade internacional grazas aos seus explosivos e impredecibles directos, presenta o seu disco Choose your killer. Faino debutando en Galicia, no Compostela Rock, nun programa dobre que abrirán The Ripe (Austin, Texas; rock-folk psicodélico) O concerto será o mércores 6 de xuño ás 21:30 horas., na Sala Capitol e as entradas, a 10 € anticipada, 12 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco, ticketea.com, Sala Capitol ou A Reixa Tenda.

Distorsionando continuamente as liñas entre o Folk, o Blues, o rock’n’roll e o punk, o estilo ecléctico de TLI rompe todos os limites musicais e podería definirse así: melodías obsesivas, botas que pisan forte, "backbeats" sen adornos, chirriantes sós de guitarra, berros primordiais, espontaneidade, cambios drásticos de tempo, implacable repetición interrompida por improvisación, etc. O resultado é un crecente movemento musical coñecido como "blues and boots".

TLI viu a luz en 2009 co lanzamento do seu CD homónimo . Grazas ao éxito instantáneo, o disco foi reeditado por Manifesta Records e DIT Records en 2010. En 2011 Manifesta Records editou o seu seguinte disco Choose your killer, que mostra á banda interiorizando aínda máis nas raíces do blues e o rock’n’roll, xuntos, ambos os discos, mostran todas as facetas da condición humana, incluíndo amor, corazóns rotos, angustia, loita política, desesperación, esperanza e redención.

A súa música foi protagonista no prestixioso e premiado espectáculo de Amy Goodman Democracy Now! E pódese escoitar na radio de máis difusión independente americana Pacifica Foundation, así como noutras radios en todo o mundo. A banda tocou en directo en programas televisivos en Portugal (Sic Radiale), onde alcanzaron gran popularidade, e pronto poderán ser vistos na película Freedom Rock xunto a artistas como Bono e Shakira.

The Ripe (Austin-Texas, rock-folk psicodélico)
Jake Garcia, Gian Ortiz e Nick Yaklin coñecéronse no salvaxe lado este da súa orixinaria Austin. Jake, cantante e guitarra, conta que colleu unha guitarra aos 9 anos e dende entón non a volveu a soltar. Tras militar en The Uglybeats, púxose, en compañía de vellos amigos, á tarefa de compor e recompor eses pequenos quebracabezas que para el son as cancións. E vaia que amigos: Gian Ortiz, por exemplo, presta servizo en Amplified Heat e toca o baixo co mismísimo Rocky Erickson. Agora o círculo pechouse en Circo Perrotti, estudo de gravación de Jorge Explosión: un cuarto membro que veu a completar de maneira inesperada e estrañamente máxica ese algo difícil de explicar que fai a The Ripe únicos e irresistibles. Transitando polos seus propios camiños, para meterse dentro dos nosos oídos e quedar a vivir alí.

Compartir: