TEATRO ESCOLAR

Os institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollen o XI Certame de Teatro Intercentros

25/04/2006 Os salóns de actos dos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollen ata o 28 de abril o XI Certame de Teatro Intercentros, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago, e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

As representacións están dirixidas a alumnos/as de secundaria e inclúense dentro das propostas programadas por este Departamento para incorporar o feito teatral ao contorno sociocultural do escolar e da mocidade. O obxectivo é que os rapaces deixen de ver o teatro coma un feito extraño, illado da súa experiencia cotiá e realizado en circunstancias excepcionais.

Varios grupos teatrais de institutos composteláns e da comarca encárganse das representacións, que inclúen obras como Soños dun seductor, Histórica Historia, Así fan todas, Entre cartas e cartos, Un xoguete para Goldoni ou Os soños da Axencia Marabillas. A obra gañadora será representada no Teatro Principal o día 8 de maio ás 20:00.

Compartir: