TURISMO

Aberta a nova ruta de Iberia Express entre Santiago de Compostela e Madrid

01/06/2012 A concelleira de Turismo asistiu á inauguración da nova ruta de Iberia Express entre Santiago e Madrid. Reyes Leis agradeceu a Iberia Express a súa aposta por Santiago, desexoulle todos os éxitos na ruta, e expresou o seu desexo de que a compañía incremente no futuro as frecuencias desta conexión e poida abrir algunha outra.

A entrada de Iberia Express en Lavacolla, que substituirá a Iberia nas conexións a Madrid, traducirase nun incremento de frecuencias e do número de asentos ofertados á capital de España. Así, fronte ás 31 conexións semanais que ofrecía actualmente Iberia, a súa filial asumirá estas e ofrecerá catro máis, para alcanzar neste mes de xuño un total de 35 conexións semanais a Madrid, aumentando tamén en torno a un 4% o número de asentos á venda.

Compartir: