EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE

Un proxecto educativo forma os escolares sobre o impacto ambiental da non reciclaxe de lámpadas, pilas, móbiles ou ordenadores

01/06/2012 As concelleiras de Medio Ambiente, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asistiron na Alameda á presentación do proxecto educativo e medioambiental Escola de Reciclaxe. Esta iniciativa, organizada pola Asociación para a Reciclaxe de Lámpadas (AMBILAMP), a Fundación para a Xestión Medioambiental de Pilas (ECOPILAS), a Fundación ECOTIC e a Fundación para Xestión Medioambiental de Aparatos de Telefonía e Comunicacións (TRAGAMÓVIL), está dirixida a escolares de primaria e secundaria.

O proxecto Escola de Reciclaxe quere proporcionar aos alumnos e alumnas de primaria e secundaria formación específica sobre o impacto ambiental que xeran os residuos das lámpadas, pilas, móbiles, ordenadores e pequenos aparatos eléctricos e electrónicos se non se reciclan correctamente. Esta proposta educativa, fundamentada nos principios da educación ambiental, a responsabilidade e a participación, ten como finalidade que os escolares se comprometan cos obxectivos de protección e mellora do medio ambiente.

Esta intervención educativa realízase nunha aula móbil de máis de 100 metros cadrados, onde os alumnos aprenden vendo, tocando e experimentando. Tras a sesión, duns 45 minutos, os docentes reciben material para complementar a formación e estendela aos alumnos que consideren conveniente.

Direcciones relacionadas



Compartir: