ALCALDÍA
Baixo o título "Contos e outras invencións de Eugenio Granell", na sesión déronse a coñecer non só os seus contos e pequenos relatos, senón tamén o seu traballo en multitude de publicacións periódicas, con artigos nos que plasma as súas impresións cotiás e os seus pensamentos, reflexións e opinións sobre os máis diversos temas. Unha mostra máis do mundo creativo de Eugenio Granell onde mestura imaxinación, reflexión e o seu característico sentido do humor.
Nova edición do maratón de lectura da Fundación Eugenio Granell no centenario do nacemento do polifacético artista
30/05/2012 A Fundación Eugenio Granell organizou unha nova edición do seu tradicional Maratón de Lectura. Neste ano especial, coa celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell dedicouse a sesión ao polifacético artista, quen tamén destacou na súa faceta literaria.
O alcalde compostelán, Ángel Currás inaugurou o maratón e sumouse á lectura colectiva dos textos de Eugenio Granell, neste caso da obra Federica no era tonta. Tamén participaron os concelleiros de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya.Baixo o título "Contos e outras invencións de Eugenio Granell", na sesión déronse a coñecer non só os seus contos e pequenos relatos, senón tamén o seu traballo en multitude de publicacións periódicas, con artigos nos que plasma as súas impresións cotiás e os seus pensamentos, reflexións e opinións sobre os máis diversos temas. Unha mostra máis do mundo creativo de Eugenio Granell onde mestura imaxinación, reflexión e o seu característico sentido do humor.