BENESTAR SOCIAL

Inaugurado no CSC da Trisca o ciclo de conferencias "O profesional responde"

30/05/2012 Tras a boa acollida obtida no Centro Sociocultural de Vite, o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, inaugurou no CSC da A Trisca o ciclo de conferencias O profesional responde cunha charla sobre cuestións básicas relativas ás transmisións patrimoniais.

Estas conferencias, destinadas ao público en xeral, tratan de informar a toda a veciñanza sobre cuestións e temáticas básicas, previamente demandadas polos propios destinatarios e destinatarias e referentes a diferentes áreas de interese para todos os cidadáns. Preténdese así incrementar as súas destrezas e competencias para afrontar situacións da vida cotiá e promover actividades de participación cidadá.

Esta primeira charla versou sobre o dereito de transmisións, os aspectos básicos a ter en conta á hora de facer un testamento, as obrigas e dereitos, os custos, etc. Ademais, deuse resposta ás preguntas que formularon os participantes.

A iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: