REHABILITACIÓN E CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello e a Universidade estudan a posibilidade de que alumnos de Historia realicen prácticas de escavación na Rocha

26/05/2012 Os concelleiros de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Urbanismo, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, visitaron o petroglifo emprazado na Rocha Vella, acompañados por historiadores e por membros da Asociación Cultural Rocha Forte e da Asociación de Veciños Serafín Zas, da Rocha.

O Concello e a Universidade de Santiago están a estudar a posibilidade de que alumnos e alumnas que cursan Historia poidan realizar unha escavación para realizar prácticas neste ámbito. Este petroglifo, que conta con varios gravados, ten a peculiariedade de estar emprazado dentro dun castro.

Compartir: