DEPORTES

Clausúranse as campañas municipais de fomento do deporte escolar

25/05/2012 O sábado 26 de maio celebraranse ás clausuras de diversas campañas municipais de fomento do deporte escolar. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participará nos actos convocados con este fin nos pavillóns de Santa Isabel e do Restollal.

O programa de natación Á auga patos clausurarase na piscina de Santa Isabel coa entrega de medallas aos participantes. Será a partir das 11:45 horas.

Unha hora despois, ás 12:45 horas, repetirase a cerimonia, neste caso para pechar a campaña de baloncesto Memorial Lorenzo de la Torre. O acto celebrarase no pavillón do Restollal, onde antes haberá varios partidos de exhibición, cos seguintes horarios:

-10:00 h. Mini feminino: Pío XII - Peleteiro; Mini mixto: Fontiñas – Cluny
-11:15 h. Premini masculino: Pío XII – Peleteiro; Premini feminino: Peleteiro – Pío XII; Premini mixto: La Salle – San Pelayo.

Tamén nesta xornada clausurarase a camaña de fútbol sala, no pavillón de Santa Isabel. Ás 20:00 horas desfilarán os equipos finalistas e entregaranse os premios. Previamente, durante a mañá e a tarde, haberá varios partidos:

- 11:30 h Compañía de María – A. Lobelle de Santiago F.S (cadete)
- 12:30 h Victoria FC – A. Lobelle de Santiago (infantil)
- 16:00 h Don Frutos FSF – Rodiño TRS FSF (feminino)
- 16:50 h EDM de Ames "A" – Amio SD "A" (alevín)
- 17:40 h EF Milladoiro "A" – Villestro Restaurante Os Camiños (benxamín)
- 18:30 h CD Conxo "A" – SD Milladoiro "A" (prebenxamín 2º ano)
- 19:20 h SD Milladoiro "A" – Bertamiráns FC "A" (prebenxamín 1º ano)

Compartir: