BENESTAR SOCIAL

Primeira Pedra da Casa das Asociacións de Servizos Sociais

21/04/2006 O martes 25 de abril ás 11.30 horas celébrase o acto de colocación da primeira pedra da Casa das Asociacións de Servizos Sociais, ao que asistirán as autoridades municipais e representantes das organizacións sociais.

Na edificación da Casa das Asociacións dos Servizos Sociais concentraranse as asociacións participantes no Consello de Servizos Sociais.

Este proxecto responde ao obxectivo de xuntar recursos e conectar entre si a este tipo de asociacions, de xeito que poidan traballar en rede e compartir recursos e experiencias.
O edificio situarase en Salgueiriños, preto da sede da Unidade Municipal de Atención ao Drogodependentes (UMAD), e onde está previsto que se ubiquen o edificio do Parque Comarcal de Bombeiros e o edificio da Policía Local.

Deseñada e completamente adaptada para persoas con discapacidade, a futura Casa das Asociacións dos Servizos Sociais constará de tres plantas, onde se colocará un ximnasio con salas para masaxes e sauna, unha biblioteca con equipamento informático, dúas aulas e uns 33 despachos.

Compartir: