PUBLICACIÓNS

Presentado o Anuario Estatístico 2005

21/04/2006 O concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Anuario Estatístico de Santiago de Compostela 2005. Esta publicación recolle dun xeito ordeado e sistemático a información económica e sociodemográfica da cidade. A nova edición recolle varias novidades como a introdución por primeira vez de datos sobre formación para o emprego ou censos agrarios.

Entre os datos ofrecidos no Anuario, o concelleiro salientou os referidos ó desemprego, un problema que, segundo indicou, segue a ser fundamentalmente feminino, cunha taxa de paro que dobra á masculina. A oferta de emprego da cidade segue a orientarse claramente ó sector servizos (81,9% respecto ó total).

Outro dos datos destacados por Xosé Manuel Iglesias foron os referidos ó ensino e, en particular, expresou a súa preocupación ante a redución de case un 50% dos alumnos matriculados no bacherelato.

Estes e outros datos pódense consultar no libro e no CD que conteñen o Anuario e dos que se editaron 1.000 exemplares. Ademais, os datos iranse actualizando a través da páxina web municipal, onde tamén se pode consultar a publicación.

Compartir: