COMERCIO

Celebrado en Raxoi o sorteo dos 11 premios da Noite Aberta de Primavera

24/05/2012 A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, realizou na sala de prensa do Pazo de Raxoi o sorteo dos premios correspondentes ao programa Noite Aberta de Primavera.

A Noite Aberta de Primavera celebrouse en Santiago de Compostela o día 18 de maio. Nesta data, 50 tendas dos máis diversos ramos –moda, xoiería, óptica, artesanía, xoguetes e máis- abriron as súas portas ata as once da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras de última hora no pequeno comercio compostelán.

Os cidadáns que fixeran algunha compra igual ou superior a 20 euros nas tendas participantes, entraron nun concurso con importantes premios: unha viaxe a Canarias para dúas persoas e 10 cheques agasallo de 50 euros para consumir nas tendas participantes.

O sorteo foi realizado ante o notario José Antonio Cortizo Nieto e actuaron como mans inocentes a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, e José María Fernández e Delmiro Prieto, da asociación de comerciantes Santiago Centro.

Os números premiados foron os seguintes:

- Un 1º premio: Unha viaxe a Canarias para 2 persoas: o número 3205

- Dez 2º premios: Cheques agasallo de 50 Euros para gastar nos comercios participantes para os números 1109, 3181, 3088, 2645, 3507, 0204, 2580, 2087, 1676, 0974.

De cada un dos 11 premios sacáronse 11 números de reserva. Os números de reserva son os seguintes:

- Un 1º premio: Unha viaxe a Canarias para 2 persoas: o número 3785

- Dez 2º premios: Cheques agasallo de 50 Euros para gastar nos comercios participantes para os números 2842, 1629, 2224, 3310, 1916, 3124, 3874, 2560, 3682, 1556.

Antes do día 30 de xuño de 2012, as persoas gañadoras terán que presentar o boleto premiado acompañado polo tícket de compra. Os premios quedarán desertos en caso de que a persoa co número afortunado non apareza no prazo sinalado.

O teléfono de contacto para as persoas gañadoras é o 981 556 250. Poden dirixirse igualmente ás oficinas da Concellaría no número de teléfono 981 542 493.

Compartir: