COMERCIO

O Concello presentoulle as bases das axudas para actividades de dinamización comercial ás asociacións de comerciantes

22/05/2012 A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados presentoulle ás asociacións de comerciantes da cidade as bases reguladoras das subvencións a actividades de dinamización comercial para 2012, que proximamente aprobará a Xunta de Goberno.

Nunha reunión celebrada en Raxoi, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a técnica Lucía Castro, presentáronlle o borrador das bases reguladoras das subvencións á actividades de dinamización comercial á Compostela Monumental, Santiago Centro e Acotes. Os seus representantes puideron facer as súas suxestións e expresar as súas dúbidas sobre o texto.

Neste exercicio 2012, a Concellería vai manter a contía total das axudas, 44.752 euros. Recollidas as achegas das asociacións comercias, que son as beneficiarias desta liña de axudas, as bases serán levadas á Xunta de Goberno para a súa convocatoria.

Compartir: