EDUCACIÓN

Representación das dúas obras premiadas do XVII Certame de Teatro Intercentros

23/05/2012 O Teatro Principal acolleu a representación da obra premiada na categoría de Educación Secundaria na XVII edición do Certame de Teatro Intercentros. A obra seleccionada foi Cantiga de rúa, do grupo de teatro do IES Antón Fraguas. Para o luns 28 de maio queda a representación da obra gañadora na categoría de Educación Primaria: Acabouse o conto de fadas, do grupo Máscaras de Teatro, do Colexio San Jorge.

O Certame de Teatro Intercentros, que vai pola súa XVII edición, creouse co obxectivo de incorporar o feito teatral ao contorno sociocultural do escolar e da xuventude. Busca tamén crear novos espectadores e axudar aos nenos/as e aos mozos/as á descuberta das propias inquedanzas artísticas.

Ao finalizar a representación fíxose entrega dos premios á mellor obra, ao mellor actor e á mellor actriz. Os grupos de teatro que participaron este ano na XVII Edición do Certame de Teatro Intercentros, na categoría de Secundaria, son: Vai no Dentista, do IES Xelmírez I; Rosalía 1, Rosalía 2 e Rosalía 3, do IES Rosalía de Castro; Teatro do Porviso, do CPI dos Dices; Tantometén, do IES Antón Fraguas; Grupo de Teatro do IES Antón Fraguas; Grupo de Teatro do IES Eduardo Condal; e Aula de Teatro, do CPI de Vedra.

Categoría de Educación Primaria
O luns 28 de maio, ás 20:00 horas e no Teatro Principal, representarase a obra premiada en Educación Primaria: Acabouse o conto de fadas, do grupo Máscaras de Teatro, do Colexio San Jorge.

Os grupos de teatro que participaron este ano nesta categoría son: Grupo Máscara do CEIP López Ferreiro e Grupo Máscaras de Teatro do Colexio San Jorge.

Documentos relacionados



Compartir: