ALCALDÍA

Concello, Xunta e Fomento asinan os convenios para novas fases de actuación nas áreas de rehabilitación integral

14/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á sinatura dos acordos da comisión bilateral relativa ás Áreas de Rehabilitación Integral de Galicia, acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

Estes convenios de colaboración entre Goberno central, Administración autonómica e 31 concellos en materia de rehabilitación, supoñen unha achega de 44,5 millóns de euros de fondos públicos, o que vai mobilizar un total de investimentos superiores aos 64 millóns. En total, existen 55 áreas deste tipo en Galicia, ás que hai que engadir a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos, e que se xestiona directamente dende o IGVS. Ademais da do Casco Histórico, Santiago ten declaradas ARI en Vista Alegre e nos grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga, en Pontepedriña.

Compartir: