EDUCACIÓN

"Do berce á lúa": sesión de contos para bebés

12/05/2012 A Galería Sargadelos acolleu, no marco da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos deseñada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Nesta actividade, denominada Do berce á lúa e que se desenvolveu en dúas sesións, participaron preto de 100 familias que previamente o solicitaran. Asistiu tamén a concelleira Rebeca Domínguez.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título Unha viaxe de ida e volta, conta cunha das súas referencias temáticas en A viaxe de Olaf, traballo presentado por Martín León Barreto que resultou gañador do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Esta iniciativa, que xa vai pola súa XII edición, estase a desenvolver ao longo dos meses de abril e maio e está organizada polo Departamento de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.

Compartir: