XULGADO MERCANTIL

Sánchez Bugallo reunirase co conselleiro de Xustiza o martes 25

21/04/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reunirase co conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu, o vindeiro martes, ás 9:00 horas, no Pazo de Raxoi. Na xuntanza abordarase a máis recente actualidade en relación coa demanda dun Xulgado e dun Rexistro do Mercantil para a cidade.

Sánchez Bugallo anunciou esta reunión nunha rolda de prensa que aproveitou para felicitarse polo dictame favorable da Comisión Consultiva de Equipamentos respecto do centro comercial das Cancelas. Producido este trámite, o alcalde indicou que "agardaba o dictame favorable da Consellería de Industria o antes posible".

Respecto ós prazos para as obras deste centro comercial, apuntou que queda pendente a aprobación do proxecto de urbanización e da licenza de obras e apertura. Por este motivo, estima que "antes de final de ano poden comezar as obras de construción do centro, e a partir de aí, dous anos é un prazo razoable".

Compartir: