ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co presidente da Xunta

11/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, foi recibido en San Caetano polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Durante a reunión, de carácter protocolario, Ángel Currás ofreceulle a máxima colaboración municipal ao presidente da Xunta, do que dixo que "sempre é moi sensible ás demandas de Santiago". Sen entrar a analizar ningún tema específico, o alcalde formuloulle a Núñez Feijóo algunhas propostas de futuro relativas á cidade.

Compartir: