PLENO

O Pleno municipal aproba a ampliación de usos no Plan Parcial de Fontiñas e en dúas parcelas de Castro de Abaixo

26/04/2012 O Pleno da Corporación aprobou definitivamente e por unanimidade a modificación puntual da ordenanza 3 do Plan Parcial de Fontiñas. O obxecto deste cambio é incorporar o uso asistencial, dando cobertura á escola infantil existente no complexo comercial Área Central.

Ademais, cos votos favorables dos tres grupos municipais, deuse o visto bo á ampliación de usos permitidos nas reservas de equipamento deportivo (ED/DEP) e docente (EE/DOC) do Plan Parcial do SUNP-22 de Castro de Abaixo. Deste xeito, diversifícanse os usos destas dúas parcelas, de xeito que se poidan adaptar mellor ás necesidades dotacionais que poida ter o Concello.

Por outra parte, e tras resolver as alegacións presentadas, o Pleno da Corporación aprobou definitivamente as novas ordenanzas reguladoras da publicidade e rotulación e das terrazas e quioscos de hostalería. En ambos casos, saíron adiante co voto favorable do grupo de Goberno e malia o voto en contra de PSdeG-PSOE e BNG.

No Pleno tamén se deu conta do informe anual de reclamacións e suxestións.

Compartir: