MEDIO RURAL E DEPORTES

O couto de Chaián acolleu unha nova edición do Concurso de Pesca de Salmónidos

23/04/2012 Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Desportes, Adrián Varela asistiron, xunto con representantes municipais de Traxo, ás actividades organizadas pola Venatoria de Santiago con motivo do XXXVII Concurso de Pesca de Salmónidos, celebrado no couto de pesca de Chaián, comprendido entre os termos municipais de Santiago e Trazo. 25 deportistas participaron na competición.

O concurso desenvolveuse entre as 9:00 e as 13:30 horas do domingo 22 de abril. En total foron capturadas 20 toritas, cun peso total aproximado de 3,780 quilogramos. Cada pescador tiña un cupo máximo de oito capturas, cun tamaño mínimo esixido para as pezas de 21 centímetros. Unha das pezas capturadas alcanzaba os 32 centímetros.

Posteriormente celebrouse no Bar Nieto, en Chaián, a tradicional comida e entrega de trofeos a los gañadores. Ademais, membros da Venatoria de Santiago, encabezados polo seu presidente, Ramón Fandiño, entregaron logo as pezas capturadas no Cotolengo.

Compartir: