CULTURA

Mónica de Nut Trío presenta o seu novo disco dentro do ciclo Íntimo&Acústico

20/04/2012 Os composteláns Mónica de Nut Trío presentan o seu novo disco, baixo o mesmo nome, dentro do ciclo Íntimo&Acústico, que organiza a Concellería de Cultura. Será en dous concertos, luns 23 e martes 24, ambos ás 21:00 horas, na Zona "C".

Mónica de Nut Trío formouse baixo a tutela da música Mónica de Nut, voz do trío. Despois de actuacións por numerosas salas da Península e a participación en festivais de jazz como o Festival de Jazz de Mariñas na Coruña ou o Imaxinasóns en Vigo, están a estrear o seu primeiro disco, Mónica de Nut Trío. Totalmente autoxestionado, está gravado e producido por Paco Dicenta.

A música de Mónica de Nut Trío mestura a linguaxe do jazz coas dinámicas da música clásica, a experimentación con sons acústicos e electrónicos e a música de raíz galega. O seu repertorio combina temas propios con versións de estándares da tradición jazzística, composicións de música clásica e arranxos de cancións populares galegas, todo isto fiado nun concerto performático titulado "Habiámonos de felicitar pola nosa resistencia".

As entradas para este concerto, a 6 € anticipada e 8 € o propio día, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas, e na propia Zona "C" os días do concerto dende as 18:00 horas ata o comezo do mesmo. Despois de Mónica de Nut Trío, o ciclo Íntimo&Acústico ofrécenos aínda catro novos concertos nos vindeiros meses. En maio teremos a Abe Rábade Trío o día 23 e xa o 29 a Sumrrá. E en xuño, o 7 poderemos escoitar a Ariel Rot e o 13 vez para a presentación de aCadaCanto.

Compartir: