XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica a substitución das canalizacións de auga na travesía de Angrois

19/04/2012 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, adxudicou as obras de substitución das canalizacións de auga na travesía de Angrois, por un importe de 33.748 euros (IVE incluído).

A empresa Construcciones Boqueixón SL será a encargada de acometer de inmediato esta actuación, que permitirá substituír as canalizacións de fibrocemento existentes por outras de fundición.

Compartir: