COMERCIO

Conecom ofreceu as claves para aproveitar as posibilidades do comercio electrónico

19/04/2012 A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, inaugurou Conecom, a primeira conferencia de comercio electrónico de Galicia, que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

A artesanía, a agricultura, a industria e mesmo a cultura teñen gran potencial de comercialización, pero en moitos casos hai un descoñecemento das posibilidades que lles ofrece o comercio electrónico. Por iso, Conecom tiña por finalidade formar e dar as ferramentas de traballo ás Pemes e as novas iniciativas empresariais no comercio electrónico para así crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego.

Conecom tratou sete temas fundamentais para o correcto desenvolvemento dun proxecto de comercio electrónico: Introdución ao comercio electrónico, que vender e como vendelo; Pasos para montar unha tenda en liña; Promocionando a nosa tenda en Internet; Medindo os resultados e tomando decisións; Métodos de cobro; Lexislación, Lei Orgánica de Protección de Datos; Sectores de interese.

Esta conferencia contou coa colaboración dos departamentos de Comercio e Economía do Concello, integrándose dentro do programa Santiago Investors Support, que ten por obxectivo dinamizar a economía da cidade.

Compartir: