PREMIO

Recoñecemento gastronómico para a cidade

16/04/2012 O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, recolleu o premio Restauradores á cidade de Santiago, outorgado pola revista do mesmo nome. No acto, celebrado no restaurante La Tacita de Juan, tamén se presentou a XX edición do anuario Especial Gastronomía.

A revista Restauradores entregou a súa distinción a Santiago de Compostela como cidade gastronómica, cultural e monumental. Esta publicación selecciona nas súas páxinas uns 600 restaurantes de toda España, con coidadas fotografías e cun repaso das festas gastronómicas e eventos turísticos de cada comunidade autónoma, poñendo en valor a sua riqueza culinaria.

Nesta cea de gala, Restauradores presentou o seu Especial Gastronomía, un anuario cos mellores restaurantes españois. Esta publicación cumpre en 2012 a súa XX edición.

Compartir: