ALCALDÍA

Reunión con representantes veciñais para falar sobre o futuro túnel de Conxo

11/04/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa asociación Conxo Aberto para falar sobre o túnel proxectado baixo a actual rotonda co obxectivo de aliviar o tráfico nesta parte da cidade.

Os concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente participaron tamén na reunión, celebrada no Centro Sociocultural de Conxo. O túnel de Conxo aliviará o tráfico nesta parte de Santiago, permitindo separar o tráfico de entrada e saída da cidade do que circula polo propio barrio. O alcalde explicoulles aos veciños que o proxecto conta cunha partida de 500.000 euros nos orzamentos do Estado de 2012, prevéndose outros 3 millóns en 2013 e 3,5 millóns en 2014.

Compartir: