CULTURA

"El testigo", con El Brujo, e "Grooming", de Teatro de la Abadía, próximas citas teatrais

10/04/2012 O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron dúas das citas máis destacadas da programación de Teatro&Danza para este ano: El testigo e Grooming. Rafael Álvarez "El Brujo" protagoniza este venres 13, ás 21:00 horas no Auditorio, El testigo, adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, sobre a vida de Miguel Pantalón. E o xoves da seguinte semana, 19 de abril, tamén ás 21:00 horas, Teatro de la Abadía presenta no Principal Grooming, dirixida por José Luis Gómez, con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre.

Rafael Alvarez "El Brujo" interpreta esta adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, El testigo, na que se traza a biografía de Miguel Pantalón, imaxinario cantaor gaditano xenial, irreverente e inconstante. Así o describe o propio Brujo: "Era un home especial. O seu físico era chocante: Nin guapo nin feo. Raro. A súa voz aínda a lembro. Pecho os ollos lendo o texto de El testigo e podo oíla. Cando lin por primeira vez El testigo oín A VOZ."

Rafel Álvarez, cordobés, é un coñecido actor de teatro, cinema e televisión. Entre os seus numerosos recoñecementos podemos destacar a Medalla de Andalucía que outorga o Goberno da Junta de Andalucía e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, máximo galardón que concede o Ministerio de Cultura.

O Grooming é un novo tipo de problema relativo á seguridade dos menores en internet, consistente en accións deliberadas por parte dun adulto para establecer lazos de amizade cun neno ou nena a través das redes co obxectivo de obter unha satisfacción sexual. Sobre isto xira esta obra de La Abadía que dirixe José Luis Gómez e está protagonizada por Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre.

O Teatro de la Abadía, centro de estudos e creación escénica da Comunidade de Madrid, foi fundado en 1995 por José Luís Gómez. Dende o seu primeiro espectáculo, a compañía consolidou unha liña de investigación sobre a técnica actoral, a palabra en acción e o traballo de elenco. Coa consigna "O placer intelixente", produce unha media de tres montaxes por tempada.

As entradas para os dous espectáculos poden mercarse na billeteira do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas (e no Auditorio o día do espectáculo a partir das 21:00 horas) ou en Novagaliciabanco a 18 € para El testigo e 15 € (10 no anfiteatro) para Grooming.

Direcciones relacionadas



Compartir: