SEMANA SANTA

Concorridas procesións nunha Semana Santa compostelá cada vez máis consolidada

05/04/2012 Continúan as procesións e os actos litúrxicos con motivo da Semana Santa. Na tarde do Xoves Santo celebráronse as procesións do Xesús Flaxelado e da Última Cea do Salvador. Nesta última participou o alcalde, Xerardo Conde Roa, e outros membros da Corporación.

A procesión da Última Cea do Salvador, realizada pola Confraría de Vera Cruz, saíu como cada ano da igrexa de San Francisco. Tras percorrer varias rúas e prazas do Casco Histórico, volveu ao templo de orixe.

En total son 16 as procesións as procesións que durante esta Semana Santa percorrerán a cidade. O Concello quere potenciar esta celebración converténdoa nun foco máis de atracción da cidade. Toda a información está dispoñible na web www.semanasantasantiago.com, desenvolvida por Turismo de Santiago. A web inclúe todo o calendario de procesións que se celebran na cidade, así como información sobre as distintas confrarías.

Compartir: