CIDADE

Colocada primeira pedra da Sede SGAE Noroeste

07/04/2006 O proxecto ten un investimento total de dez millóns de euros e construirase, previsiblemente, en doce ou trece meses.

A construción da nova Sede SGAE Noroeste botou a andar este venres, 7 de abril, coa colocación da súa primeira pedra na Finca de Vista Alegre. Ao acto, supervisado polo arquitecto Antón García-Abril, acudiron Eduardo Bautista, presidente executivo da Sociedade Xeral de Autores e Editores; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostel; Javier Vidal, director da SGAE-GAlicia, e Senén Barro, rector da USC, así como actores, músicos e escritores galegos.

De seguido, os oficiantes detallaron as particularidades relativas á construción deste edificio emblemático que, en opinión de Sánchez Bugallo, "será un punto de encontro entre artistas e cidadáns nun barrio tradicional de Santiago" e "contribuirá a darlle caché".

O emprazamento da Sede na capital de Galicia é froito do labor conxunto da SGAE e o Concello de Santiago nunha aposta de futuro pola cidade. O edificio incidirá na dinamización cultural de Compostela e todo o Noroeste peninsular.

Compartir: