MULLER

Clausúrase a exposición sobre a historia do movemento feminista

30/03/2006 O venres 31 de marzo clausúrase a exposición "Seneca Falls, un século e medio do movemento internacional das mulleres e o sufraxio feminino en España" organizada pola Concellaría da Muller.

O broche á clausura da exposición poñerao Mar Bernal Rivas, profesora titular de psicoloxía da Universidade de Santiago, que ás 20:00 horas da tarde, no Pazo de Bendaña (Fundación Eugenio Granell), dará unha conferencia sobre muller e universidade.

Compartir: