EDUCACIÓN E MOCIDADE

"Culturas para compartir" Xitanos hoxe

27/03/2006 A Fundación Secretariado Xitano e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago desenvolven o programa "Culturas para compartir: Xitanos hoxe" entre marzo e abril. O programa abrangue dúas propostas: unha exposición didáctica para centros de ensino de primaria e secundaria e un curso de formación para profesorado.

Trátase de xerar accións para a comunidade educativa, con especial atención ao profesorado e alumnado, nun clima de respecto e aceptación da diversidade, traballando sobre a interculturalidade, con especial atención á cultura xitana.
Achegamos información sobre esta iniciativa de formación que esperamos sexa do teu interese.

O curso de formación para o profesorado comeza o luns 27 de marzo no Auditorio de Galicia de 18 a 20 horas, e continúa os días 27, 28 e 29.

Os contidos a tratar son:
Sesión 1 : A integración socioeducativa das minorías étnicas na escola. Menores en desvantaxe social: as súas implicacións na escola.
Sesión 2: Estratexias de intervención con alumnado xitano: experiencias e boas prácticas.
Sesión 3: Información e coñecemento dos materiais didácticos existentes para traballar con alumnado xitano e minorías en xeneral.

Documentos relacionados



Compartir: