EDUCACIÓN
Dende a EMMS considérase prioritario que as diferentes agrupacións e instrumentistas que cursan estudos na mesma, como complemento á súa formación, conten con diferentes oportunidades ao longo do ano nas que dean a coñecer o seu traballo ás familias e aos cidadáns de Compostela.
O ciclo de concertos Música nas prazas comprende cinco actuacións da Banda e da Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música o derradeiro domingo dos meses de xaneiro, febreiro, abril e maio.
A Escola Municipal de Música ofreceu un "Concerto pola paz" na praza do Toural
29/01/2012 Celebrouse a primeira das actuacións do Ciclo de Concertos da Banda e a Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, que coincidindo coa celebración do Día Internacional pola Paz, convidou a todos os composteláns a participar no Concerto pola Paz, na praza do Toural. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, achegouse ata o concerto.
A Escola Municipal de Música de Santiago (EMMS), propón dentro da súa nova programación para os vindeiros meses, o Ciclo de Concertos da Banda e da Orquestra de Corda: Música nas Prazas, que terá como marco escénico diversos espazos emblemáticos da cidade.Dende a EMMS considérase prioritario que as diferentes agrupacións e instrumentistas que cursan estudos na mesma, como complemento á súa formación, conten con diferentes oportunidades ao longo do ano nas que dean a coñecer o seu traballo ás familias e aos cidadáns de Compostela.
O ciclo de concertos Música nas prazas comprende cinco actuacións da Banda e da Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música o derradeiro domingo dos meses de xaneiro, febreiro, abril e maio.