SEGURIDADE CIDADÁ

Balance policial da noite do xoves

27/01/2012 O concelleiro de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez Aldrey deu conta do balance policial da madrugada do xoves ao venres, na que houbo unha presenza masiva de mozos e mozas nas rúas compostelás. Resaltou como danos máis importantes o arrincado de varias palmeiras e plantas do espazo axardinado da costa das Camelias –xa repostas- e a rotura de espellos a cinco vehículos.

A Policía Local tamén debeu acudir a unha ducia pisos en resposta ás queixas por ruídos realizadas por veciños. No capítulo de denuncias, indicou que se produciron unhas oito en relación ao consumo de alcohol e tamén algunha por ouriñar na vía pública.

Compartir: