ALCALDÍA

A APSC outorga o título de socios de honra a Baldomero Cores e Xesús Garabal

24/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto de entrega dos títulos de socios de honra da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) a Baldomero Cores e a Xesús Garabal.

Este acto formaba parte dos programados pola APSC con motivo da celebración do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales. O alcalde foi o encargado de abrir e pechar esta cerimonia de recoñecemento, na que os homenaxeados, Baldomero Cores Trasmonte e Xesús Garabal Expósito, recibiron unha placa conmemorativa. O discurso en consideración aos novos Socios de Honra pronunciouno o presidente da APSC, Luís Menéndez.

Compartir: