CENTROS SOCIOCULTURAIS
Agasallo na pista de xeo para 30 rapaces dos centros socioculturais de Conxo e Vite
21/01/2012 Trinta nenos dos centros socioculturais de Conxo e Vite estiveron na pista de patinaxe de xeo da praza da Quintana, convidados pola Concellería de Centros Socioculturais.
O Departamento quería así agasallar a estes rapaces e rapazas que participaron activamente nas actividades dos devanditos centros e nas de Nadal en especial. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, acompañou os rapaces nesta mañá de diversión.