ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Galicia deron o seu último adeus a Manuel Fraga

21/01/2012 A Catedral de Santiago acolleu un funeral institucional en memoria do ex presidente da Xunta Manuel Fraga. Unha ampla representación política e social acompañou a familia de Fraga neste acto.

O funeral, oficiado polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, contou coa presenza, entre outros, do presidente do Goberno, Mariano Rajoy; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; dos ministros de Fomento, Ana Pastor; de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, e de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, ademais dos conselleiros do Goberno galego. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, tamén se sumou a esta homenaxe, xunto con outros alcaldes e representantes políticos.

Os cidadáns que non puideron acceder á Catedral observaron a cerimonia dende unha pantalla xigante na praza do Obradoiro. Logo do funeral, esa mesma pantalla proxectou diversas imaxes de Manuel Fraga. Para rematar, autoridades e asistentes escoitaron a interpretación do himno galego.

Compartir: