ALCALDÍA

O alcalde participou nos actos do XXV aniversario da Fundación Camilo José Cela

20/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou en Iria Flavia (Padrón) no acto de clausura do programa cultural polo XXV aniversario da constitución da Fundación Camilo José Cela. Á súa vez, conmemorábase o X aniversario do falecemento do escritor, producido o 17 de xaneiro de 2002.

Este acto converteuse nunha gran homenaxe da sociedade civil e política galega á figura do premio Nobel, a través da lectura pública dunha das súas grandes obras, La familia de Pascual Duarte, que cumpre 70 anos de vida en 2012.

Ademais do alcalde, asistiron a este acto de lectura o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, entre outras autoridades. Tras a lectura celebrouse unha misa funeral polo falecemento de Camilo José Cela, oficiada na igrexa de Santa María de Adina. Ademais, antes destes actos, tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos da Fundación, dedicado a La colmena, nas súas categorías de infantil, xuvenil e adultos.

Compartir: