ALCALDÍA

A figura da Virxe da Cerca recupera o aspecto orixinal tras a súa reparación

13/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visitaron a restaurada figura da Virxe da Cerca, cuxa cabeza fora arrincada nun acto de vandalismo na madrugada de Reis. Recupera así o seu aspecto orixinal esta talla, situada na fachada do colexio Compañía de María, na rúa da Ensinanza.

A parte da cabeza da figura da Virxe da Cerca fora arrincada e esnaquizada en tres anacos. Estes foron levados a un especialista de Portosín, que conseguiu unilos e darlle á figura o seu aspecto orixinal.

Compartir: