NADAL

Os Reis Magos encheron Santiago de ilusión

05/01/2012 Os Reis Magos volveron congregar nas rúas de Compostela a nenos e nenas cargados de ilusión na tradicional Cabalgata. Á espera dunha noite máxica e dos agasallos, os pequenos recibiron case tres toneladas de caramelos sen glute das Súas Maxestades, que tamén escoitaron persoalmente as peticións de todos eles.

Gaspar, Melchor e Baltasar chegaron unha vez máis en tren á estación, onde foron recibidos pola carteira real e pola Banda Municipal. Logo iniciaron un multitudinario percorrido polas rúas compostelás, pasando por Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar, Xelmírez e Praterías. Tras repartir caramelos e saúdos, os Reis Magos chegaron á praza do Obradoiro, onde foron recibidos pola Corporación.

Os Reis Magos saudaron a todos os nenos e nenas dende os balcóns de Raxoi e logo recibíronos a todos dende o seu trono no Salón Nobre. Mentres agardaban para falar coas Súas Maxestades, os rapaces puideron disfrutar dun espectáculo con pallasos e cos seus personaxes favoritos no Obradoiro.

Direcciones relacionadas



Compartir: