NADAL

A Praza de Abastos sorteou 45 cheques de compra e un soldo mensual para 2012

05/01/2012 Os concelleiros de Mercados, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás, exerceron de mans inocentes no sorteo de Nadal da Praza de Abastos, co que se pechaba a campaña O Nadal que ti queres, posta en marcha polo mercado.

Dos cupóns que os compradores da Praza de Abastos foron depositando nas furnas saíron os gañadores de 45 cheques de compra por valor de 100 euros para facer efectivos no propio mercado. Tamén se elixiu o agraciado cun soldo mensual de 250 euros libres de impostos durante o ano 2012.

Compartir: