FAMILIA E DEPORTES

Máis actividades deportivas e de conciliación para os máis pequenos durante o Nadal

23/12/2011 Os concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e de Deportes, Adrián Varela, anunciaron máis actividades deportivas e de conciliación para os días de Nadal. Na praza da Constitución e en Fontiñas haberá unha ludoteca e, no pavillón do Restollal, cun completo programa de actividades deportivas.

Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, a praza da Constitución e os exteriores de Área Central, en Fontiñas, acollerán unha ludoteca infantil, que xa nestes días estivo na Praza Roxa. Funcionará entre as 17:30 e as 21:30 horas e contará con xogos, inchables, mesas de traballo e diversos talleres (cestería, papiroflexia, maquillaxe, plástica, etc). Os días 26 e 28 de decembro e o 2 e 4 de xaneiro haberá un espectáculo de maxia. A participación é de balde.

O deporte será o protagonista das actividades que se realizarán do 26 de decembro ao 4 de xaneiro (agás os días 31 de decembro e 1 de xaneiro) no pavillón municipal do Restollal. Están dirixidas a nenos de 4 a 12 anos e celebraranse entre as 17:00 e as 21:00 horas. A entrada é tamén gratuíta. Haberá loita olímpica, karate, judo, tenis de mesa, escalada, esgrima, xogos para os máis pequenos, videoxogos e inchables.

Compartir: