ALCALDÍA

O alcalde felicita o Nadal aos composteláns

23/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha representación das asociacións veciñais da cidade e de diversos colectivos da cidade. Con este acto quixo felicitar o Nadal aos santiagueses.

Conde Roa agradeceu a todos o seu labor e apelou á súa colaboración para seguir traballando en prol da cidade neste ano 2012 e afrontar todas as dificultades se poidan presentar, especialmente no eido económico.

Compartir: