CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades de "Vive o Nadal" na rede de centros socioculturais

22/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, o Centro Sociocultural do Ensanche, onde se están a desenvolver diferentes actividades no marco do programa Vive o Nadal.

Nesta ocasión, mentres os adultos participaban nun encontro de xadrez, os máis pequenos divertíanse e aprendían no obradoiro O agasallo viaxeiro. A programación nos centros e locais socioculturais continúa ata o 4 de xaneiro.

Compartir: