CULTURA

A Real Filharmonía e o RIAS Kammerchor interpretan "O Mesías" de Haendel

21/12/2011 A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestre Ros Marbá e o berlinés RIAS Kammerchor , considerado como un dos mellores coros de Europa, interpretan o xoves 22 sobre o escenario do Auditorio de Galicia O Mesías de Haendel. Farano a partir das 21:00 horas nunha das citas máis importantes do programa de abono e para a que xa están esgotadas as entradas. Como solistas actuarán a soprano Elena de la Merced, o alto Carlos Mena, o tenor Benjamin Hulett e o barítono Josep Miquel Ramón.

O RIAS, que acaba de presentar o seu último disco hai un mes (Misa de Requiem de Bach) está dirixido dende 2005 por Hans-Christoph Rademann, un dos maiores especialistas en música antiga, especialmente na familia Bach. No 2010, a revista Gramophone sinalou ao RIAS como un dos mellores dez coros do mundo. Nestes meses pasados o coro acaba de realizar unha xira polas embaixadas culturais alemás en diferentes partes do mundo, como Corea do Sur, Francia, Italia, Luxemburgo, Holanda ou Austria.

Compartir: