RELACIÓNS VECIÑAIS

A Casa do Asociacionismo estará funcionando dentro dun ano

17/03/2006 As entidades asociactivas de Compostela terán dentro dun ano unha sede común para poder reunirse e traballar. Será a Casa do Asociacionismo, que presentou o concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, e que estará na antiga estación ferroviaria de Cornes.

Portas resaltou a importancia desta sede común para fomentar a integración das diferentes entidades do tecido asociativo da cidade.

En moitos casos, as asociacións non teñen onde reunirse porque non contan cunhas dependencias propias pero dentro dun ano poderán facelo na Casa do Asociacionismo. Alí terán ao seu dispor salas de reunións, unha biblioteca-mediateca, arqhivadores para gardar a súa documentación e salas dotadas de equipos informáticos onde levar a cabo o seu traballo. En total, 1200 metros cadrados en tres prantas nun edificio que respetará a fisonomía da antiga estación de Cornes e terá un teito abovedado. As obras da Casa do Asociacionismo licitaránse nos vindeiros días. Contan cun plazo de execución de 12 meses e un orzamento de 789.251 euros.

Documentos relacionados



Compartir: