EDUCACIÓN

Os nenos hospitalizados no CHUS asistiron a unha representación de teatro científico

20/12/2011 O concelleiro de Educación, Ángel Currás, asistiu ás actividades que o Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación, organizou para o alumnado da Escola do Hospital Clínico de Santiago Camilo José Cela.

Os nenos/as hospitalizados tiveron a oportunidade de asistir a unha representación de teatro científico coa obra Naúfrago, a cargo da empresa Ciencia Divertida, unha iniciativa que traballa no ámbito da educación experimental en ciencias e que, nesta ocasión, quixo colaborar con esta proposta de dinamización lúdico científica nunhas datas tan sinaladas para os nenos e as nenas.

O espectáculo espertou a curiosidade e a imaxinación do público con experimentos, disparatadas ocorrencias e inventos, á vez que aprenderon que é unha reacción química, a electricidade estática, a 3ª Lei do Movemento de Newton, a diferenza de presión ou os estados da materia, entre outras propostas.

Compartir: