ALCALDÍA

O Goberno municipal prepara uns orzamentos para 2012 que terán como prioridade os servizos sociais

17/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu a xuntanza que o Goberno municipal celebrou na Casa Grande do Bachao, en Santa Cristina de Fecha.

A reunión serviu para facer balance dos primeiros seis meses do novo Gobeno local, que o alcalde cualificou como "intensos", e para perfilar e axilizar as principais liñas de traballo para o ano 2012. Estas directrices quedarán reflectidas nos orzamentos municipais para o novo exercicio, a piques de levarse ao Pleno para a súa aprobación. Conde Roa recalcou que a prioridade nestas contas serán os servizos sociais.

Compartir: