MOBILIDADE

Conxeladas as tarifas dos aparcadoiros xestionados por TUSSA

15/12/2011 O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez Aldrey, os orzamentos da Sociedade para 2012 e acordou a conxelación das tarifas dos aparcadoiros xestionados pola mesma.

Os orzamentos recollen uns ingresos de 1.777.164,98 euros e unha cantidade dispoñible para gastos, actuacións e investimentos de 1.548.405,53 euros. No tocante ao capítulo de ingresos, TUSSA afronta o exercicio cunha previsión de ingresos globais un 0,87% inferior aos orzamentos de 2011, debido principalmente á conxelación de tarifas da rede de aparcadoiros xestionados directamente por TUSSA.

No que se refire á partida de gastos, encárase o ano cunha previsión global un 6,71% inferior ao presupostado para o 2011. Para chegar a esta cifra fíxose un importante esforzo na contención dos gastos e servizos xerais.

En canto ás actuacións previstas, destacan fundamentalmente dúas: por un lado, o traballo de mantemento das marquesiñas do rural e, por outro, a promoción do transporte público. En canto ao transporte, dende TUSSA indícase que a información é dun dos piares fundamentais para xerar confianza no transporte público, ao que hai que engadir a máis que previsible actualización da rede de transporte, aspecto que se debe saber transmitir aos usuarios.

No relativo aos investimentos previstos para o próximo exercicio, destaca unha vez máis o tratamento da información. Na estación de autobuses cambiarase o actual sistema de información por outro que intentará converterse nunha plataforma de información e promoción que permita aos usuarios interactuar coa xestora. Así mesmo, e a propósito do transporte urbano, deseñarase unha aplicación encamiñada aos smartphones e que permitirá achegarse a un público novo de maneira que pase de ser un público obxectivo a ser un público fidelizado da rede de transporte.

Compartir: