EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música celebrou o seu festival de Nadal no Auditorio de Galicia

16/12/2011 Con motivo do Nadal e como broche final ao traballo realizado polo alumnado da Escola neste primeiro trimestre do curso 2011/2012, a Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Nadal no Auditorio de Galicia.

Nesta ocasión, debido ao numeroso alumnado matriculado neste curso 2011/2012, o Festival dividiuse en dúas sesións, nas que tiveron cabida dende o alumnado máis novo da Escola ata o máis veterano. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Educación, Ángel Currás, achegáronse ata o Auditorio para contemplar o evento.

Tamén estes días viñeronse celebrando as audicións aos diferentes grupos de alumnado: Plan de Estudos para Adultos (PEPA), Plan de Estudos Xeral (PEX) e 2º nivel de PEX.

Compartir: